Liga Nacional Xuvenil

Previa | O Xuvenil "A", a pola vitoria ante un descoñecido

Pabellón CF –  Bertamiráns FC (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 29, 12:00 horas):

A cuarta xornada na Liga Nacional depara un rival para os branquiverdes que milita por primeira vez nesta categoría despois de dar o salto dende o Grupo Norte da antiga Liga Galega.

Os de Ames aínda non puntuaron despois de medirse a adversarios como Coruxo (5-1) e Lugo (1-3), que a pasada campaña militaban na División de Honra eo Racing Ferrol (1-3), que estivo loitando polo ascenso no pasado curso.

Nos branquiverdes non estará por lesión Joel, ao tempo que Álex RiveiroLucas, entre algodóns, serán dúbida ata última hora. Quen está dispoñible se os técnicos o estiman oportuno, é Gómez tras cumplir un partido de sanción.

Sumar os tres puntos e convertir o Miguel Ángel nun fortín, é o obxectivo dos de Iván Alonso e Brais Silva, que suman 6 puntos de 9 posibles.

O colexiado do partido será Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Guzmán Falcón e Cid Seara, do Colexio de Ourense.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 4.