El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Duro rival para o Xuvenil "A" nos Remedios

Pabellón CF –  Pontevedra CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 21, 12:00 horas):

Despois de dúas xornadas consecutivas gañando, e coa portería a cero, o primeiro equipo xuvenil (30 puntos) terá un rival complicado este domingo coa visita do Pontevedra (49) na Liga Nacional.

Os branquiverdes afrontarán este choque co punto de mira posto en sacar un marcador positivo diante dunha escuadra granate que loita polo ascenso á División de Honra.

Para este partido os técnicos Iván Alonso e Brais Silva seguen coa baixa de Manu Cougil e a maiores non estarán, tamén por diversas doenzas, Adrián e Unai, que será dúbida ata último momento.

Adrián Parada será baixa neste partido por unha rotura de fibras

O Pontevedra preséntase en Ourense cunha racha de cinco partidos consecutivos sen perder despois de cinco triunfos e un empate. Como visitantes acumulan 20 puntos como consecuencia de seis vitorias, dúas igualadas e seis derrotas. Anotaron tantos goles como encaixararon: 19.

No enfrontamento da primeira volta en terras pontevedresas o conxunto granate vencera por 2-0.

O árbitro do partido será Manuel Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por González Rey e Mosquera Páez, do Colexio de Ourense.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 30.

Previa | Duro rival para o Xuvenil "A" nos Remedios