Previa | O Xuvenil "A" á caza de puntos en Santiago
CD Conxo Santiago – Pabellón CF (Santa Isabel; domingo 24, 12:00 horas):
O primeiro equipo xuvenil visita na Liga Nacional a un rival que a falta de oito xornadas está na terna de aspirantes ao ascenso con 40 puntos, a seis da segunda praza que permite dar o salto á División de Honra.
Os branquiverdes están fóra dos postos directos de descenso con 24 puntos e nestes momentos no hai equipos afectados polo efecto arrastre que agora corresponde ao Coruxo "B".
Son sabedores de que é necesario puntuar donde sexa para acumular o maior número de puntos posibles co obxectivo de evitar complicacións no tramo final da competición.
En canto ao estado da plantilla para este choque en terras santiaguesas os técnicos Iván Alonso, que xa poderá estar no banquillo ao cumprir a sanción, e Brais Silva teñen as baixas de Machaca, por acumulación de amonestacións, e son dúbidas Santi Granja e Mauro. Mentres, Manu Cougil segue no dique seco e Adrián Parada parece recuperado da súa lesión.
Os números que presenta como local o Conxo Santiago ofrecen oito triunfos, dous empates e tres derrotas nos que anotaron 35 goles e encaixaron 19. Despois de Deportivo "B" e Celta "B" son o conxunto máis realizador como anfitrión.
No partido da primeira volta disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios os santiagueses venceran 1-2.
Sergio Miguens Santiago será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Otero Moares e Vargas Guerrero, todos eles do Colexio de Santiago.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 27.