Previa | Cita importante para o Xuvenil "A"
Pabellón CF – Victoria CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 17, 12:00 horas):
O conxunto pabellonista afronta un partido moi importante diante dun rival directo, ao que lle leva cinco puntos de vantaxe, pola parte baixa da táboa clasificatoria. Unha vitoria sería un paso vital de cara a afrontar con máis tranquilidade o tramo final da Liga Nacional Xuvenil.
Pouco a pouco o equipo vai recuperando efectivos e os técnicos Iván Alonso e Brais Silva recuperan para esta cita a Lamús, Soriano e Unai. Seguen sendo baixas por lesión Manu Cougil e Adrián.
Os branquiverdes preséntanse a este enfrontamento situados no posto quince con 24 puntos despois de sumar unha vitoria e un empate nas dúas últimas xornadas. O Victoria acumula 19 un posto por debaixo na clasificación.
Os herculinos, que nas últimas once aparicións soamente sumaron 1 punto, obtiveron seis a domicilio tras conseguir dúas vitorias, tres empates e sete derrotas nos que anotaron 17 goles e encaixaron 32.
O árbitro do partido será Rubén Fernández Otero, asistido nas bandas por Iván Blanco e Marvin Justh Calderón, todos eles do Colexio de Ourense.
Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 26.