LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil A viaxa a Redondela

CD Choco - Pabellón CF (Santa Mariña; sábado 13, 12:15 horas):

Despois dun bo inicio da competición na Liga Nacional Xuvenil, os branquiverdes viaxan en esta segunda jornada ata Redondela para enfrontarse a un Choco que militou as dúas anteriores campañas na División de Honra e co que intentarán sumar algún punto.

O Choco tivo un rival moi duro na primeira xornada, na que caeu ante o Celta B na Madroa (5-2) nun partido no que os redondeláns chegaron a poñerse por diante no marcador a falta de vinte minutos do final. Nese último tramo de partido remontarían os celestes anotando catro goles. 

De cara a esta cita Rubén García non poderá contar con Álex Riveiro, David, Gómez e Iker, todos eles por diferentes lesións. Con respecto á semana pasada recupera a Iván e Roberto

O árbitro do partido será Carlos Vilavedra Rodríguez, asistido nas bandas por Cubas Vilanova e Álvarez Peiteado, do Colexio de Vigo. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 2.