El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | O Senior, que incorpora a Pibe, non tira a toalla

Pabellón CF –  Antela CF "B" (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 21, 17:00 horas):

Con catro xornadas por diante para o final da competición no Grupo 2º da Segunda Galicia, os branquiverdes (35 puntos) non tiran a toalla pese á distancia que teñen da zona de salvación.

Hay que ter en conta os partidos comprometidos de Raio Alaricano (41) ante o A Purísima e Rocas (40) en Vilariño, que son os dous inmediatos equipos que o superan na clasificación.

Para este partido Toño Sanmartín rexistra a novidade da incorporación do dianteiro Alberto Gómez "Pibe", que chega procedente do Melias para estas catro últimas xornadas. Berni, Marcos, Anxo e Madrigal son baixas por lesión e Rober e Aldán están entre algodóns e son dúbidas. 

Aldán é una das dúbidas de Toño Sanmartín para este choque

O Antela "B" suma 20 puntos a domicilio despois de cinco vitorias, cinco empates e soamente tres derrotas. Son o segundo equipo máis anotador como visitantes con 30 dianas e encaixaron 21. Levan unha racha de seis partidos sen perder a costa de tres triunfos e outras tres igualadas.

Na primeira volta os limiaos vencer no Fernández Carrera cunha remontada a última hora: 4-3.

O partido será arbitrado por Rubén Pérez Martínez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 27.

Previa | O Senior, que incorpora a Pibe, non tira a toalla