CD Trives – Pabellón CF (O Agro; domingo 24, 16:30 horas):
Coa mente posta nos tres puntos os de Toño Sanmartín viaxan este domingo ata Trives para medirse á escuadra local no choque da xornada vinte e catro do Grupo 2º da Segunda Galicia.
Os branquiverdes suman 33 puntos ubicados na zona de descenso cando restan sete xornadas para que remate a competición. Despois da derrota co Córgomo no Miguel Ángel-Os Remedios, o equipo buscará iniciar una nova racha positiva que lle permita sair da zona fatídica.
Para este partido o técnico pabellonista recupera a Iván con respecto a anteriores citas pero presenta unha ampla lista de baixas por diferentes motivos: Sandro, Iago Nieto, Berni, Madrigal e Marcos.
Con respecto á pasada semana recupera a Cacha. Unha vez máis Toño Sanmartín terá que completar a convocatoria con xuvenís.
O Trives (17 puntos) chega, dentro da súa mala situación, despois da mellor racha da tempada con dúas vitorias, un empate e dúas derrotas nas últimas cinco citas.
No campo de O Agro acumula dous triunfos e dez derrotas (6 puntos) despois de haber anotado 13 tantos e encaixado 33. As súas vítimas no seu feudo foron Parada do Sil e Soutopenedo. Curiosamente sumaron máis puntos (11) a domicilio.
No enfrontamento da primeira volta disputado no campo Miguel Ángel-Os Remedios os pabellonistas impuxéranse por un apretado 2-1.
O partido será arbitrado por Álvaro Cid Rodríguez. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 24.