Segunda Galicia

2-1 | Tres puntos para o Senior no desconto

DOMINGO 28/01/2024 (16:00)  Campo: OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 2 – UP TABOADELA : 1 (1-0)

O PCF Senior cortou unha racha negativa de cinco xornadas consecutivas sen gañar, ao superar no tempo de descontro (2-1) a un Taboadela que se presentaba nos Remedios cunha serie de seis partidos sen perder dentro do Grupo 2º da Segunda Galicia

Os de Toño Sanmartín pagaron moi cara a vitoria ao perder por lesión a Iván, xa na primeira metade, e a Rober no segundo acto. O equipo acabou con tres xuvenís no terreo de xogo e un deles, Guzmán, acabaría marcadon o tanto decisivo.

Na primeira parte non houbo un claro dominador do xogo e ambas porterías apenas pasaron por apuros. O único tanto deste periodo para os locatarios anotouno Madrigal de saque directo dende o curruncho. É dicir, un gol olímpico.

Iván lesionouse durante a primeira metade e foi sustituido

Despois de pasar por vestiarios o Taboadela pasou a dominar a situación na búsqueda da portería defendida por Nacho. Durante unha media hora os branquiverdes non o pasaron ben pero souberon defenderse do xogo directo que imprimiu o rival, con homes de moita envergadura.

Máxima emoción

O tramo final do enfrontamento deixou moita emoción. A cinco minutos para o final os visitantes igualaban o marcador cun gol en propia meta derivado dunha acción a balón parado e no desconto Guzmán anotaba o segundo para facilitar o necesitado triunfo dos branquiverdes.

Despois deste resultado favorable o Pabellón suma 24 puntos e na próxima xornada visitan ao Para do Sil, colista do grupo, no campo dos Torgás.

Dani estivo moi activo durante o tempo que permaneceu no campo
Dani estivo moi activo durante o tempo que permaneceu no campo

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, José (Iker Gómez, m.77), Rober (Guzmán, m.77), Berni, Iago, Aldán, Sergio, Luis, Iván (Mario, m.33), Madrigal (Marcos, m.63) e Dani (Sandro, m.63).

UP Taboadela: Miguel, Andrade (Gabriel, m.60), Joel, Boli, Pablo, Rubén, Jonay (Alexander, m.46), Aarón, Jorge, Pablo (Marcos, m.46) e Santi (Adrián, m.70).

Árbitro: Cristian Rodríguez Pires (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Luis (m.87), Aldán (m.90) e Guzmán (m.90) nos locais e a Jorge (m.44) e Joel (m.62) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.14: Madrigal. 1-1, m.85: Propia meta. 2-1, m. 90+4: Guzmán.

Os capitáns de ambos equipos, Iván (Pabellón) e Jorge (Taboadela) co árbitro