El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

0-1 | Vitoria do Senior no campo do colista

DOMINGO 04/02/2024 (16:30)  Campo: OS TORGÁS (50)

PARADA DO SIL CF : 0 – PABELLÓN CF : 1 (0-0)

Segunda vitoria consecutiva para os de Toño Sanmartín despois de sumar tres puntos máis costosos dos previstos ante o colista do Grupo 2º da Segunda Galicia.

Non houbo goles nunha primeira metade controlada polos branquiverdes pero sen acerto no remate. Avanzada a segunda metade chegaría o tanto anotado polo defensa José para sumar a vitoria.

Deste xeito o equipo eleva a súa conta a 27 puntos ocupando o posto once dunha comprimida táboa clasificatoria  e a tan só tres da quinta praza.

Na próxima fin de semana non haberá Liga pero sí Copa Deputación. Os pabellonistas xogarán ante o Verín nos Remedios o sábado (16.30 horas) na eliminatoria de dezaseisavos a partido único.

José foi o autor do tanto da vitoria no campo dos Torgás

FICHA TÉCNICA

Parada do Sil CF: David, Aldo, Yeray (Brandon, m.73), Jaime, Martín, Soe, Rubén, Diego, Alberto, Rodrigo (Nico, m.73) e Óscar.

Pabellón CF: Anxo, José, Berni (Miguel Ángel, m.46), Rober, Iago, Aldán (Iago Nieto, m.73), Sergio, Madrigal (Guzmán, m.46), Luis, Cacha (Iker Gómez, m.73) e Dani.

Árbitro: Xoel Pintos Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Martín (m.59) nos locais.

Goles: 0-1, m.72: José.

0-1 | Vitoria do Senior no campo do colista