3-0 | O Xuvenil "A" cae co líder e acaba con nove
![](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/pabelloncf/images/2024/02/04/2024020417044474659.png)
DOMINGO 04/02/2024 (12:00) Campo: O MUNDO DO FÚTBOL-ABEGONDO (150)
RC DEPORTIVO "B" : 3 – PABELLÓN CF : 0 (2-0)
Derrota dos branquiverdes con campo do líder da Liga Nacional Xuvenil nun partido no que o peor foron as expulsións de Santi e Lamús na segunda metade nun choque no que non houbo nada e no que os herculinos foron superiores.
Ao descanso os branquiazuis xa tiña unha renda de dous goles despois de que Adrián abrise o marcador moi cedo (4`) e Rubén anotase o segundo traspasada a media hora de xogo (34`).
![](/media/pabelloncf/images/2024/02/04/2024020416391414382.png)
Segundo tempo moi caro
Na segunda metade (54´) Adrián ampliaría distancias e despois de que os pabellonistas quedasen con dez ao perder con cartón vermello a Santi (70`) pouco despois (77`) o colexiado expulsaría a Lamús (77´) por dobre cartulina amarela e ao mesmo tempo ao técnico Iván Alonso.
De ahí ata o final, e pese a xogar o Pabellón con dez durante moitos minutos, o marcador non se movería máis. A próxima fin de semana non haberá competición e será na seguinte cando reciban nos Remedios ao AJ Lérez. Despois deste marcador o equipo ocupa o posto catorce con 20 puntos.
![](/media/pabelloncf/images/2024/02/04/2024020416414072566.png)
FICHA TÉCNICA
RC Deportivo "B": Yeray, Javier (Iván, m.71), Álvaro, Adrián, David, Nico (Daniel, m.61), Rey, Lucas, Rubén (Rodrigo, m.74), Samuel (Telmo, m.61) e Xián (Leandro, m.71).
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Santi, Unai, Mauro (Adrián, m.81), Soriano (Bugallo, m.71), Machaca (Bruno, m.81), Simón, Álex Riveiro (Miguel, m.57) e Peke (Ander, m.71).
Goles: 1-0, m.4: Adrián. 2-0, m.34: Rubén. 3-0, m.54: Adrián.
Árbitro: Rodrigo García Gómez, asistido nas bandas por Medina Gavilán e Hajjout Ibrahim (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Machaca (m.63) visitantes, que sufriron as expulsións de Santi (m.70) e Lamús, por dobre cartón amarelo, (m.77) e o técnico Iván Alonso (m.77).