Segunda Galicia

1-1 | Empate do Senior nos Remedios

DOMINGO 18/02/2024 (16:15)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (50)

PABELLÓN CF : 1 – SCD PADERNE : 1 (0-0)

Reparto de puntos nun intenso partido do Grupo 2º da Segunda Galicia entre dous conxuntos que chegaban empatados a puntos (27) a esta cita e polo tanto seguen igualados. Os anfitrios dominaron máis pero tiveron que conformarse coa igualada.

No primeiro acto xogouse máis tempo no campo do Paderne, que soamente disparou nunha ocasión sobre a portería de Anxo. Na primeira acción do partido os locatarios tiveron unha boa ocasión cun remate de cabeza de Aldán que adiviñou o meta rival.

A medida que pasaban os minutos os de Toño Sanmartín foron icrementado o dominio para crear tres ocasións de gol, a máis clara nun remate de Iago, completamente só, que se foi alto.

Dani intenta controlar un balón ante a presenza dun rival

Na segunda metade os branquiverdes levaron a iniciativa e gañaron profundidade coa entrada do xuvenil Guzmán e Marcos, Sen embargo, as contras dos visitantes levaron perigo ao área local. Nunha mala decisión defensiva nacería o tanto do Paderne nunha acción culminada por Mario.

Mentres, os pabellonistas chegaban ao área do rival gozando de varias accións de perigo sen concretar. Un centro-chut de Aldán dende a banda dereita acabaría entrando pola escuadra da portería defendida por Pedro.

Os últimos quince minutos foron moi emocionantes pero ao final non se movería máis o marcador, cunha gran oportunidade para Madrigal.

Con este resultado os de Toño Sanmartín suman 28 puntos colocados na décima posición da táboa clasificatoria e ocupando a ampla zona de descenso. A permanencia está a un punto. Na próxima xornada visitan ao Piñeira Seca (29 puntos).

Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Daniel (Paderne) co colexiado

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, José (Iago Nieto, m.89), Rober, Miguel Ángel, Iago (Berni, m.89), Aldán, Sergio, Luis, Cacha (Marcos, m.65), Madrigal e Dani (Guzmán, m.65).

SCD Paderne: Pedro, Diego (Mikael, m.87), Daniel, Soufian, Andrés, Rubén, Villarino, Mario (Manuel, m.79), Paulo, Hemdan (José Manuel, m.66) e Alberto.

Árbitro: Javier Carid Pérez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Sergio (m.71) e Luis (m.75) nos locais e nos visitantes a Mario (m.56), Diego (m.69) e Daniel (m.88).

Goles: 0-1, m.82: Mario. 1-1, m.76: Aldán.