SÁBADO 20/01/2024 (18:15) Campo: AS EIROAS (150)
BERGANTIÑOS CF : 0 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
Reparto de puntos no campo das Eiroas nun partido que abría a segunda volta na Liga Nacional Xuvenil no que ningún dos dous equipos asumiu riscos xa que nin un nin outros querían perder.
O resumo dos noventa minutos foi dun partido trabado e sen grandes ocasións de perigo en ambas porterías.
Os pabellonistas, no que debutou Bruno nos minutos finais, deron por bo este resultado xa que lle permite chegar aos 20 puntos e facerse co golaverage particular sobre os de Carballo.
FICHA TÉCNICA
Bergantiños CF: Sergio, Martín (Bruno, m.78), Mateo, Andrés, Brais, Samuel (Iraitz, m.62), Pablo (Adrián, m.86), Baldomir, Hugo, Nico (Eli, m.82) e Diego (Óscar, m.78).
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús (Santi, m.86), Bugallo, Unai (Simón, m.67), Ander, Soriano, Mauro (Bruno, m.76), Miguel (David, m.86), Peke e Álex Riveiro (Adrián, m.86).
Árbitro: Sergio Espasandín Cores, asistido nas bandas por Gil Soriano e Maneiro Santos (Comité Galego-A Coruña). Amonestaron a Soriano (m.53) nos visitantes.