El tiempo
lunes. 04.03.2024
El tiempo

1ª GALICIA CADETE

Servido o playoff para o PCF Cadete "C"

Na pasada fin de semana rematou a Primeira Fase na 1ª Galicia Cadete nos dous grupos de Ourense e dos que sairon os oito equipos que loitarán polo título provincial e un ascenso á Liga Galega na Segunda Fase. 

Os catro equipos para o playoff dende o Grupo 1º son os seguintes: Cented Academy, SD Chantada, EDO Blanco Amor e Pabellón CF "C". Mentres, do Grupo 2º accederon: EDC Xinzo, UD Ourense "B", EDC Barbadás e EDC Celanova.

Na primeira xornada da segunda fase, prevista para despois dos Carnavais, os branquiverdes visitarán ao SD Chantada no Sangoñedo. VER CALENDARIO.

Mentres, os equipos clasificados do 2º ao 7º lugar darán o salto á nova Liga Interprovincial programada para a tempada 2024-2025. Acceden a ela eses seis conxuntos de Ourense e outros tantos de Vigo e Pontevedra. VER CIRCULAR RFGF.

 

 

Servido o playoff para o PCF Cadete "C"