Os campos de O Xestal e Vicente Solarat viviron dúas confrontacións cheas de emoción. A primeira decantouse do lado branquiverde na tanda de penaltis despois de que o marcador non se movera en 120 minutos. Na segunda un gol de Hugo Varela a falta de tres minutos do final do tempo regulamentario acabou dando o ascensos aos nosos.
Deste xeito o Grupo 4º integrado polos equipos da nosa provincia estará integrado por estes dezaoito conxuntos: SD Nogueira (descendido PG), CD Velle (descendido PG), CD Polígono (descendido PG), CD Allariz, Sporting Celanova, A Peroxa CF, UD Barbadás "B", Maside FC, Atlético Vilariño, Sporting Carballiño, CDC Santa Teresita, Cortegada CF, ACD Cartelle, Monterrey CF, SD Mélias, Loñoá CF, CD Seixalbo (ascendido) e Pabellón CF (ascendido).
Á espera do Asemblea Xeral Ordinaria da RFGF, o inicio da competición está marcado para o 11 de setembro e falta por saber si serán dous os ascensos á Preferente Galicia e dous descensos á Segunda Galicia aos que habería que engadir os posibles arrastres que poidan xerar os equipos ourensáns dende a categoría superior. O equipo comeza os adestramentos o 1 de agosto.