Preferente Futgal Cadete

Coñece a Preferente Futgal Cadete Sur 24-25

O Grupo 2º da Preferente Futgal Cadete (Sur), antiga Liga Galegana que estará o Pabellón "B" contará esta tempada 2024-2025 con dezaseis equipos. 

Da tempada pasada mantiveron a categoría AJ Lérez, CD Choco, RC Celta "B", Arosa SC "B", ED Val Miñor "B", Pabellón CF "B", UD Comesaña, CFB Poio, Porriño Industrial CF, Alondras CF e CD Arenteiro.

Os equipos ascendidos foron EDC Celanova (Ourense), Umia CF (Pontevedra) e CP Alertanavia (Vigo). A RFGF tamén incorporou por proximidade neste grupo ao Escola Fútbol Base A Estrada, que ascendeu dende a zona Santiago-A Costa. 

Pendente de aprobación na Asemblea da RFGF, ascenderá de forma directa á División de Honra o primeiro clasificado. O gañador da promoción entre segundos e terceiros de cada grupo tamén terá praza na máxima categoría.

Por contra, os catro últimos clasificados, máis os posibles arrastres, descenderán á Primeira Futgal.