El tiempo
miércoles. 18.09.2024
El tiempo

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

Composición da División de Honra Infantil 24-25

A División de Honra Infantil, que volverá a contar con presenza branquiverde, cumprirá a terceira tempada activa nesta 2024-2025 con dezaseis equipos, os mesmos coa que comezou na campaña 2022-2023.

A data de inicio está programada para a fin de semana do 14 e 15 de setembro. Os tres últimos clasificados descenderán á Preferente Futgal Infantil.

Da pasada campaña mantiveron a categoría: RC Deportivo, RC Celta, ED Val Miñor, Arosa SC, EF Denis Suárez, CD Areosa, Victoria CF, Pabellón CF, AJ Lérez, CD Conxo Santiago, UD Santa Mariña, CD Lugo e San Tirso SD.

Como equipos novos despois de conseguir o ascenso como campións de grupo están: Racing Club Ferrol (Norte) e Ourense CF (Sur), ao tempo que dende a promoción de ascenso deu o salto a esta categoría o Atlético Coruña Montañeros.

Composición da División de Honra Infantil 24-25