Seleccións Galegas
O centrocampista infantil branquiverde Hugo López repite coa Selección Galega Sub-14
Hugo López, xogador do club que milita no Infantil A da División de Honra, foi novamente convocado para un partido amigable da Selección Galega Sub-14.
A confrontación será este mércores nas instalacións da Cidade Deportiva da Madroa contra o RC Celta B da Liga Galega Cadete. A cita está marcada para as 19 horas.
Con anterioridade, ás 17 horas, a Selección Galega Sub-16 tamén disputará un encontro amigable contra o RC Celta B da Liga Nacional Xuvenil no mesmo escenario.