Celta e Dépor volven a "pescar" no Miguel Ángel
Catro xogadores branquiverdes terán novos retos a partir desta tempada 2025-2026 ao dar o salto a RC Celta e RC Deportivo.
Iago Fernández (infantil 2012) xunto a Daniel Babarro e Adrián Rodríguez (infantís 2013) lucirán esta tempada a elástica celeste e Asier Valverde (cadete 2011) a branquiazul.
Iago Fernández disputou 27 partidos no Pabellón Promesas da Preferente Infantil anotando 5 goles. Daniel Babarro completou 44 partidos e Adrián Rodríguez 47, ambos en diferentes competicións co Pabellón Promesas da 1ª Futgal Alevín.
Finalmente, Asier Valverde participou en 28 partidos no conxunto da División de Honra Infantil, no que anotou 18 tantos.
¡Moita sorte aos catro!