CD Calasanz - Pabellón CF | Partido chave na búsqueda do Play-Off
05 de marzo de 2021 (11:00 h.)
O Xuvenil "A" visita o San Pedro Visma este domingo 7 de marzo dende as 12:00 horas para enfrontarse ao CD Calasanz no que o partido aplazado da 14ª xornada de liga da División de Honra Xuvenil.
O noso Xuvenil da División de Honra está a punto de rematar a primeira fase dunha temporada que de momento está sendo notable pero que nas últimas xornadas atraviesa un pequeno bache de resultados, quen non de logo.
Ante o Dépor sufriu a súa novena derrota da temporada, segunda consecutiva tras a gran vitoria en Lugo, que valen para ser sextos con 19 puntos e con un lixeiro oco de 6 puntos co Ural que é quinto con 25 puntos pero con un partido máis ca os ourensáns.
O partido ante o CD Calasanz é chave para seguir na loita por a quinta praza que da dereito a xogar o Play Off e cortar a mala xeira de resultados e coller folgos antes da derradeira xornada ante o sempre complicado ED Val Miñor.