Catro xogadores do club figuran nas convocatorias das Seleccións Galegas de fútbol base que xogarán sendos partidos de preparación entre martes e mércores. No equipo Sub-12 están citados Joel Moreta, Matías López e Mauro Méndez, mentres que Pablo Pérez estará coa Sub-14.
Non hai descanso. As Seleccións Galegas masculinas de Fútbol non descansan e volven ao traballo esta semana coa mente posta nas fases finais dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas.
A sub 14, xunto á sub 16, disputarán a Fase Ouro da Fase Final en Pontevedra do 17 ao 22 de xuño, mentres que a sub 12 participará na fase final que terá lugar en Madrid do 24 ao 26.
Sub 12
O combinado que prepara Lalo Suárez disputará un encontro amigable de preparación este martes 31 de maio a partir das 19 horas no campo de O Morrazo, en Cangas, ante o Alondras CF.
Sub 14
O combinado que prepara Jesús López disputará un encontro amigable de preparación este mércores 1 de xuño a partir das 19 horas no campo de Condomínguez ante a ED Val Miñor.
Fonte e fotos / futgal.es