El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

ORGANIGRAMA DEPORTIVO

Catro caras novas para os banquillos dos equipos de fútbol 11

O club terá catro novos adestradores para outros tantos equipos da modalidade de fútbol 11 de cara a esta tempada. Tres deles teñen pasado na entidade pabellonista.

Brais Silva, que estará na dirección do Cadete B de Liga Galega, vivirá por primeira vez unha experiencia no campo Miguel Ángel-Os Remedios desde o 1 de agosto. Mentres, Iván Alonso, que será o técnico do Infantil A na nova División de Honra, xa tivo unha anterior etapa dirixindo a equipos branquiverdes. O 16 de agosto comezará a preparación do equipo.

No caso de Miguel Carballo, é o que máis amplo historial ten no club, xa que ademáis de xogador tamén foi adestrador. Despois de unhas cantas tempadas lonxe da entidade, regresa para adestrar ao Promesas Infantil na Liga Galega. O equipo arranca o 16 de agosto.

Finalmente, David Valderas vestiu a elástica branquiverde como xogador xa fia uns cantos anos, pero a desta campaña será a primera como preparador neste caso do Infantil B da 1ª Autonómica, que inicia os adestramentos o 16 de agosto.

A todos eles desexámoslle moita sorte de cara unha tempada que será esixente coma sempre.

Catro caras novas para os banquillos dos equipos de fútbol 11