Celta e Deportivo "pescan" nos Remedios

Catro xogadores branquiverdes terán novos retos a partir da próxima tempada ao dar o salto a RC Celta e RC Deportivo. Dani Ruíz (cadete) xunto a Xoel Montecelo e Aldán Limia (infantís) vestirán a elástica celeste e Tiago Caamaño (infantil) a branquiazul.
Dani Ruiz disputou 23 partidos no Cadete "B" da Liga Galega e 20 no "A" da División de Honra, anotando 16 e 7 goles respectivamente. Xoel Montecelo completou 27 partidos no Infantil "A" da División de Honra e fixo 2 goles.
Aldán Limia, no seu primeiro ano como infantil na plantilla do División de Honra, xogou 27 enfrontamentos nos que anotou 4 tantos.
Tamén no seu primeiro ano de infantil no Promesas, Tiago Caamaño actuou en 29 partidos e pese a súa posición de defensa central no Pabellón Promesas, acabou a tempada con 18 goles.
¡Moita sorte aos catro!