El tiempo
jueves. 02.05.2024
El tiempo

CADETES - TRIANGULAR

O Cadete "A" levouse o triangular de Chantada

O Cadete "A" do Pabellón Club de Fútbol foi o máis aplicado no torneo Triangular organizado pola SD Chantada no campo de Sangoñedo na tarde deste sábado.

Os de Rubén García superaron no primeiro partido ao CD Lugo (1-0) cun gol de Mateo Dosantos. No enfrontamento ante a SD Chantada os branquiverdes volveron a mater a portería a "0" despois de vencer (2-0) cos tantos de Adrián e Torrado.

O enfrontamento entre os dous conxuntos lucenses decantouse a favor do equipo da Cidade das Murallas (2-0). A próxima cita amistosa para os pabellonistas será o martes nos Carrís contra o Barbadás da 1ª Galicia Xuvenil.

O Cadete "A" levouse o triangular de Chantada