Cadete A e Infantil A xa teñen calendario
A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer este martes os calendarios da División de Honra Cadete e División de Honra Infantil nas que temos representación branquiverde.
O Cadete A comeza a competición visitando ao San Tirso SD e a pechará no campo do EF Denis Suárez. Pola súa parte o Infantil A arrincará no campo do Ural Español CF e finalizará visitando ao Racing de Ferrol.
Ambas categorías comezarán a fin de semana do 13-14 de setembro. VER MÁIS INFORMACIÓN.
VER CALENDARIO DH CADETE VER CALENDARIO DH INFANTIL
Infografía: @futgal.es