Fútbol Cadete - Torneo

O Cadete de Honra tamén participa este domingo no Torneo Míchel Salgado

O club tamén estará representado, polo cadro da División de Honra, na terceira edición do Torneo Intercontinental Míchel Salgado na categoría cadete que se disputará este domingo na Cidade Deportiva A Madroa e o campo José Costas.

Neste caso serán doce os conxuntos participantes repartidos en grupos de tres equipos: RC Celta B, Fursan Hispania FC e CD Choco (Grupo A); CD Conxo Santiago, RC Celta A e o clasificado da fase previa que se celebra este sábado (Grupo B); CD Narón, Coruxo FC e RC Deportivo (Grupo C); CD Lugo, Rápido de Bouzas e Pabellón CF (Grupo D).

Os dous primeiros clasificados xogaránse un posto na final e os terceiros de cada grupo a fase de consolación. Os partidos terán unha duración de 40 minutos repartidos en dous tempos de 20. A entrada terá un prezo de 5 euros. 

VER CALENDARIO DE PARTIDOS