Seleccións Galegas

Branquiverdes nas Seleccións Galegas Sub-16 e Sub-14

Catro xogadores do club figuran nas convocatorias das Seleccións Galegas Sub-16 e Sub-14 para este mércores 24 de setembro.

A primeira delas, na que están os branquiverdes Clay Ramsdale e Matías López, disputará un partido amigable (18.30 horas) contra o Arosa xuvenil no campo Velódromo Romai en Portas.

Mentres o equipo Sub-14 efectuará un adestramento no mesmo escenario co inicio fixado para as 17 horas. Nesta convocatoria están os pabellonistas Teo Fernández -como Sub-13- e Martín Rivo, pero no caso deste último non poderá participar debido a unha fractura nunha man no partido contra o Celta do pasado sábado. Aproveitamos esta nova para darlle moito ánimo e desexarlle unha pronta recuperación.

Os equipos galegos está en fase de construcción de cara á participación na 1ª Fase do Campionato de España.

Parabéns por esta convocatoria!!!