Selección Galega

Tres branquiverdes coas Seleccións Galegas

As convocatorias das Seleccións Galegas Sub-16 e Sub-14,  para partidos amigables programados para este mércores 18 de decembro, incluen a tres xogadores do club. Ambos enfrontamentos será no campo Julio Mato de Noia con miras á Segunda Fase do Campionato de España.

Manuel Melguizo (Cadete A) está citado coa Sub-16 para un partido de preparación contra a Selección do Barbanza xuvenil e Thiago Pérez (Infantil A) e Iago Fernández (Infantil Promesas), iste nunha das vacantes Sub-13, foron chamados para a Sub-14, que se medirá co EFM Concello de Boiro da Preferente Cadete.