El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Bo partido do Xuvenil "A" co Dépor "B" pero sen premio

O desenlace do partido entre Pabellón e Deportivo "B" da Liga Nacional Xuvenil non foi xusto (1-2) cos merecementos que fixo o conxunto branquiverde ao longo dos noventa minutos e de forma especial na segunda metade.

Na primeira parte as cousas estiveron máis niveladas pero foron os de Iván Alonso quenes gozarían de dúas grandes ocasións en accións de Cougil cun centro ao que non chegaría Peke na boca de gol e un man a man de Mauro co meta rival, que desviaría camiño da portería.

Pasada a media hora chegaría o primeiro tanto dos herculinos. Unha falta lanzada dende un lateral chegaría ao punto de penalti, onde Lucas, libre de marca enviaría o balón ao fondo da rede. Con ese marcador chegaríase ao descanso.

Segundo tempo

Na volta de vestiarios os pabellonistas sairon moi ben e tomaron o mando do partido a base de moita loita, sacrificio e bo fútbol ante un rival que se viu superado. Nesta fase os locatarios tiveron varias accións de gol nas que o meta herculino estivo moi acertado. 

En pleno acoso ourensán un balón largo e unha falta de entendemento no aspecto defensivo, deixaría o balón aos pés de Rodrigo para colocar o segundo. Foi un mazazo cando os pabellonistas acariciaban o empate pero non se viñeron abaixo.

Samuel, que entrara dende o banquillo, acortaba distancias colocando o 1-2 que metía de cheo aos de Iván Alonso no choque e con doce minutos máis o desconto para intentar salvar un punto.

Houbo ocasións, con varios rechaces no área visitante, e unha boa parada de Anxo nun saque de falta executado por Miguel, pero finalmente a fortuna deulle a espalda ao equipo e os tres puntos, demasiado premio, levounos o Deportivo.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (1): Raúl, Jorge, Bugallo, Unai, Simón, Cougil, Machaca, Soriano, Adrián (Álex Riveiro, m.50), Mauro (Miguel, m.75) e Peke (Samuel, m.67).

RC Deportivo "B" (2): Anxo, Vergara (Telmo, m.80), Sergio, Samuel Fernández, David, Nico Ruiz (Daniel, m.80), José Rey (Javi Fernández, m.63), Lucas, Rubén (Rodrigo, m.63), Héctor e Xian (Samuel Vázquez, m.55).

Árbitro: Rubén Castro Fernández, asistido nas bandas por Javier Vázquez e David Guzmán (Comité Galego-Ourense).

Goles: 0-1, m.35: Lucas. 0-2, m.70: Rodrigo. 1-2, m.78: Samuel.

Incidencias: Partido da cuarta xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Bo partido do Xuvenil "A" co Dépor "B" pero sen premio