El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

LIGA NACIONAL XUVENIL

Bo comezo de Liga para o Xuvenil "A" cunha xusta e corta vitoria diante do Conxo

O Pabellón da Liga Nacional Xuvenil arrancou a competición cunha xusta e incluso corta vitoria frente ao Conxo Santiago nos Remedios, nun partido no que os de branquiverdes pasaron a controlar despois duns primeiros quince minutos de tanteo.

Con maior control e dominio do partido dos de David Carnero chegarían varias oportunidades claras para tomar vantaxe no marcador, a máis clara nun disparo de Justino ao pao ao que hai que engadir tres intervencións de moito mérito do meta santiagués Juan, que foi o mellor dos seus.

Despois de varios aviso, aínda que no medio deles Bruno tivo que intervir cunha boa parada, chegarían os dous primeiros tantos nun espazo de tres minutos pisando a media hora de xogo.

O primeiro foi unha boa xogada conbinativa dos ourensáns que acabou cun centro de Iago Outeiriño para que Fernando colocase o balón dentro da rede prácticamente en boca de gol. Tres minutos despois, foi Manu que incrementaría a vantaxe co segundo, chegándose ao descanso cun 2-0.

Segundo tempo

Na reanudación, con dous trocos en denfensa, os branquiverdes souberon administrar a renda diante dun rival que buscaba un gol que o metese no partido. Sen embargo, apenas tiveron ocasións xa que a defensa local sempre estivo moi atenta.

Antes de que os pabellonistas pechasen o partido, Fernando tivo unha excelente oportunidade nun centro de Unai na que o remate do carballiñés foise alto. Posteriormente, Carlos colocaría o terceiro no marcador y na recta final Justino pechaba a vitoria coa cuarta diana.

Na próxima xornada os nosos visitan al CVC Valadares, un recén ascendido que ven de empatar sen goles en Abegondo co Deportivo B.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF (4): Bruno, Carracedo (Dámaso, m.46), Manu, Juan Pablo (Langa, m.55), Iago Outeiriño (Unai, m.46), Saúl (Machaca, m.76), Esteban, Sergio, Justino, Carlos (Amills, m.69) e Fernando.

CD Conxo Santiago (0): Juan, Mario, Noel (Hugo, m.53), Santi, Pedro (Iago Rial, m.73), Diego (Adrián, m.53), Manuel (Arufe, m.73), Lucas, Antón, Botana (André, m.65) e Brais.

Árbitro: Rodríguez García, asistido nas bandas por González Castelao e Pérez Prada (Comitè Galego-Ourense). Amonestou a Pedro (m.28) e Diego (m.44) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.27: Fernando. 2-0, m.30: Manu. 3-0, m.67: Carlos. 4-0, m.86: Justino.

Incidencias: Primeira xornada da Liga Nacional Xuvenil-Grupo 1º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.

Bo comezo de Liga para o Xuvenil "A" cunha xusta e corta vitoria...