domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

BENXAMÍS

Os nosos benxamís seguen avanzando

Benxamín B

Nunha xornada na que descansou o Pabellón Promesas, os outros tres representantes nosos sumaron dous triunfos e unha derrota.

Na 1ª Autonómica o Pabellón CF foi moi superior ao Calasancio no campo de Os Remedios (15-0) nunha cita na que marcaron Leo (6), José (3), Saúl (2), Pablo (2), Dani e Breogán. Os de Enrique Silva segue encaramado na primeira praza do Play Off con 30 puntos.

Dentro do Play Off da 2ª Autonómica o Pabellón "B" sumou a duodécima vitoria de forma consecutiva a costa dun correoso Arrabaldo (1-2) no Xeixo. Os goles de Martín e Yago contribuiron ao traballo do equipo de Abel Afonso para facerse cos tres puntos e seguir mandando na táboa con 36 puntos.

No Grupo A da Copa Deputación o Pabellón Promesas "B" tivo un rival moi forte no Ourense CF "C" (8-1) no campo de Oira. Iker fixo o tanto para os de José Salgado. Despois de dúas xornada o equipo ten 3 puntos.

Os nosos benxamís seguen avanzando