Fútbol 8

Benxamíns e Prebenxamíns, programados para saltar a traballar no verde

Ao igual que sucedera onte cos xogadores de idade alevín, este xoves tocoulle o turno aos de categoría benxamín (2013-2014) e prebenxamín (2015-2016), que coñeceron aos adestradores que terán a longo dunha nova tempada na modalidade de Fútbol 8 e no caso dos máis cativos, para a gran maioría será a primeira expriencia no sintético.

Como caras novas no ámbito técnico aparecen Óscar Cabrera, que terá como axudante á colexiada internacional Zulema González, que tamén debuta. Ambos estarán con primeiro equipo Benxamín. David Ramos, con Antonio Ensá, estarán a cargo do Benxamín Promesas. Ambos conxuntos competirán na Primeira Autonómica.

Os dous equipos da Segunda Autonómica estarán baixo a direción de Manuel Cachaldora con José Manuel Cachaldora de axudante no Benxamín B e María Caramés e Carlos Rodríguez no Benxamín Promesas B.

Finalmente, nestes intres os Prebenxamíns contan con Adilson Azevedo como adestrador na súa primeira campaña no banquillo branquiverde, ao igual que o seu colaborador David Martínez. O club está a pechar o corpo técnico para outro equipo.