El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

BENXAMÍNS

O Benxamín A, campion da 1ª Galicia Ourense

O Benxamín A do Pabellón CF impúxose con autoridade(0-9)  ao EDC Verín no campo da Granxa e proclamouse campión da 1ª Galicia Ourense de Fútbol 8 a falta de tres xornadas para que finalice a competición.

O equipo adestrado por Óscar Cabrera gañou todos os partidos disputados ata o momento, un total de vinte e cinco nos que anotou 237 goles e encaixando soamente 18. Os branquiverdes xa levaban varias semanas clasificados para a Fase Galega Sur.

Parabéns a xogadores e corpo técnico!!

O Benxamín A, campion da 1ª Galicia Ourense