El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

“XOGUEI NO CLUB DENDE O PRINCIPIO, ALÁ POLOS ANOS 70.”

Benito Cachaldora adestrará ao noso novo equipo Cadete de Primeira Autonómica

Benito

Benito Cachaldora será o encargado de adestrar ao noso novo Cadete Pabellón EDO que esta tempada 2020-2021 disputará a Primeira Autonómica.

J. Andrés Vispo como Vicepresidente do Pabellón Promesas, Felipe Quintela como directivo do Pabellón C.F. e Fernando J. Martínez Lamas como Presidente do Pabellón Promesas, dan a benvida a Benito Cachaldora na dirección do noso  novo Cadete Pabellón EDO, que este ano participará na Primeira Autonómica.

Benito Cachaldora adestrou en categoría Senior no equipo de A Valenzá durante dúas tempadas. No noso club estivo como 2º adestrador durante 7 anos, primeiro con Quique Serantes e logo con Manuel Meiriño en equipos de categoría Autonómica. 

Como xogador estivo 6 tempadas no noso club, dende os inicios, alá polos anos 70. Tamén xogou no Ribadavia, Lemos, Rúa e Castrelo de Miño. Un trotamundos do fútbol Rexional Ourensano.

“Gústame que os nenos se divirtan xogando, que se respecten e sexan compañeiros.”

Benito Cachaldora adestrará ao noso novo equipo Cadete de Primeira...