Preferente Futgal Xuvenil
Así queda a Preferente Futgal Xuvenil-Sur
A Preferente Futgal Xuvenil Grupo 2º (Sur), antiga Liga Galega Xuvenil, na que estará o Pabellón "B", xa ten os dezaséis equipos que competirán na campaña 2024-2025, dous menos que na anterior.
Os novos equipos que proceden da Primeira Autonómica das delegacións son: Vigo (UD Atios); Ourense (UD Ourense "B") e Pontevedra (CD Ribadumia). Dende a Liga Nacional, polo efecto arrastre, o afectado foi o Coruxo FC "B".
A composición do Grupo 2º (Sur) é a seguinte: Coruxo FC "B", ED Val Miñor "B", Cented Academy, Céltiga FC, CP Calasancio, Rápido de Bouzas, Ourense CF, EFB Denis Suárez, UD Santa Mariña, Gondomar FB, CP Alertanavia, SD Monteporreiro, Pabellón CF "B", UD Ourense "B", CD Ribadumia e UD Atios.