Deporte Inclusivo
Arrincou a Escola Fundación Celta Genuine nos Remedios

Este luns arrincou a Escola Fundación Celta Genuine de Ourense no campo Miguel Ángel-Os Remedios que conta coa colaboración do Pabellón Club Fútbol e Concello de Ourense.
Catorce alumnos, a maioría deles da Asociación ADO, participaron na primeira sesión de unha actividade destinada a chicos e chicas con Diversidade Funcional que se desenolverá todos os luns de maio e xuño en horario de 16 a 18 horas.
Na sesión deste luns os deportistas estiveron ás órdes de Eric Pérez, adestrador do Celta Genuine, e os exbranquiverde Diego Vieiytes, encargado do grupo en Ourense. Tamén estivo presente o Álex Abalde, responsable da Escola Genuine Fundación Celta. As inscricións seguen abertas.
MÁIS INFORMACIÓN FOLLA DE INSCRICIÓN
