AROUSA FÚTBOL 7

O Alevín Promesas, listo para a Arousa F7

O Pabellón Promesas alevín inciará este venres a súa participación na Fase Final da prestixiosa Arousa Fútbol 7 que se disputa no Complexo Deportivo de A Senra en Ribadumia y que será la 29ª edición.

A sexta edición que se celebra no municipio de Ribadumia volverá contado no seu exclusivo cartel de participantes que converterá ao estadio A Senra, a fin de semana do 22 ao 24 de maio, no epicentro do fútbol base de referencia mundial.

Seis campións de Europa no cartel: FC Porto (que defende título), Real Madrid, FC Barcelona, Benfica, Inter de Milán (tricampión do AF7 que regresa ao torneo tras varios anos de ausencia) e Manchester United (debutante) dan mostra do calibre da convocatoria, que reúne a 20 equipos entre os que tamén destacan o Athletic Club de Bilbao (outro excampión AF7 que retorna ao cartel anos despois), o debutante Vissel Kobe do Xapón (o último equipo de Andrés Iniesta) e os semifinalistas de 2025: Sporting de Lisboa e RCD Espanyol.

Os branquiverdes quedaron encuadrados no Grupo C xunto a RCD Espanyol, Inter de Milán -tricampeón do torneo-, RC Celta e Sporting Braga. O debut será o na mañana do venres (11.20 horas) ante o conxunto españolista, semifinalista na pasada edición.

Desexamos que os nosos alevíns disfruten deste destacado evento no panorama internacional e que lles sirva como unha experiencia inolvidable.

VER HORARIOS DO TORNEO