O Allariz acaba co soño do Senior de meterse na final da Copa
Partido igualado que se decidiu polo acerto do Allariz prácticamente na única ocasión que tivo. O Pabellón puido lograr o empate nunha ocasión clarísima de Antón, antes do descanso, que logo de rexeite do porteiro Aarón foiselle alto.
Na segunda parte o choque seguiu moi trabado e sen ocasions, ata que a entrada de Iker e Tumbeiro fixo que os de Luis Parada tivesen dúas claras oportunidades para empatar por parte do dianteiro.
Na primeira remata de exterior saíndo fóra e na segunda, a máis clara, sacouna o meta Aarón co pé. En resumidas contas, partido igualado e moi trabado que se decidiu polo acerto do Allariz, que se mete na final.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (0): Bruno, Aldán (Martín Bernardo, m.88), Ron, Álvaro, Manuel (Tumbeiro, m.76), Parrilla, Antón (Hugo Varela, m.76), Izan, Carid, Pablo e Zack (Iker, m.65).
CD Allariz (1): Arón, Juan Carlos (Álvaro, m.78), Aitor, Jorge, Diego, Anxo, Gallego, Beto, Veloso (Xoel, m.90), Julen (Iker, m.66) e Paco (Diego, m.80).
Árbitro: Fernández Otero, asistido nas bandas por Rodríguez Grande y Domínguez del Pino (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Parrilla, Manuel, Álvaro, Izan e Ron nos locais e a Paco, Iker, Jonatan e Víctor nos visitantes, que tamén sufriron a expulsión do seu adestrador Miguel Sotelo.
Gol: 0-1, m.16: Veloso.
Incidencias: Partido da eliminatoria de semifinais da Copa Diputación Senior. Campo Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense, cun gran ambiente nas bancadas.