El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

ALEVÍNS

O Alevín Promesas, campión da 1ª Galicia Ourense

O Alevín A do Pabellón Promesas superou con  solvencia (9-0)  ao Ourense CF no campo Miguel Ángel-Os Remedios e proclamouse campión da 1ª Galicia Ourense de Fútbol 8 a falta de tres xornadas para que o remate da competición.

O equipo adestrado por Quique Serantes ata o momento soamente cederon un empate nas vinte e sete xornadas celebradas, nas levan un total de 178 goles anotados e 19 encaixados.

Os branquiverdes xa levaban varias xornadas clasificados para  disputar a Fase Galega Sur, á que acceden os dous primeiros do grupo.

Parabéns a xogadores e corpo técnico!!

O Alevín Promesas, campión da 1ª Galicia Ourense