El tiempo
jueves. 02.05.2024
El tiempo

2ª GALICIA ALEVÍN

O Alevín "B" terá a Manuel Cachaldora como adestrador

Manuel Cachaldora Borrajo (Ourense, 2003), con titulación UEFA C, foi designado nesta tempada 2023-2024, para adestrar ao Pabellón CF "B" da 2ª Galicia Alevín.

Os xogadores desta idade, que son de primeiro ano e polo tanto nados no 2013, están citados para comezar os adestramentos o 30 de agosto ás 19.30 horas.

O xoven adestrador branquiverde coñece ben a casa xa que ingresou como xogador dende moi pequeno nas instalación dos Remedios, onde estivo ata a campaña 2021-2022 acumulando 13 anos.

Manuel Cachaldora retornou na seguinte tempada despois de xogar no CD Arenteiro da Liga Galega Xuvenil, para ingresar nas filas do Senior branquiverde, no que tamén está neste novo curso. No pasado adestrou ao Benxamín "B", no que conseguiu o título ligueiro e o subcampionato na Copa Deputación.

As curiosidades que ten o fútbol nos deixa o feito de que o pai del, outro exxogador pabellonista como José Manuel Cachaldora, estará como axudante neste equipo ao igual que xa o fixo na pasada tempada.

O Alevín "B" terá a Manuel Cachaldora como adestrador