El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SELECCIÓN GALEGA

Aldán e Xoel repiten coa Selección Galega Sub-14

Aldán Limia e Xoel Montecelo, ambos xogadores do Infantil da División de Honra, foron novamente convocados para participar coa Selección Galega Sub-14 nun partido de preparación (19 horas) contra o Celta "B" da Liga Galega Cadete.

A citación é para este mércores 18 de outubro nas instalacións da Cidade Deportiva da Madroa. Parabéns a ambos por esta convocatoria.

As Seleccións Galegas preparan a participación na primeira fase do Campionato de España que se disputará entre o 3 e o 5 de novembro. Os rivais dos nosos serán Canarias e País Vasco.

Aldán e Xoel repiten coa Selección Galega Sub-14