Seleccións Base
Aldán Limia, coa Galega Sub-14 a Cádiz
Aldán Limia, do Infantil "A" branquiverde que milita na División de Honra, foi convocado para participar coa Selección Galega Sub-14 na Fase de Prata que se disputará en Cádiz do 9 ao 11 de febreiro. O pabellonista ocupa unha das prazas obrigatorias como xogador Sub-13.
O equipo galego está ubicado no Grupo "C", xunto con Andalucía (venres/13.30 h), Asturias (sábado/11.30 h) e Cantabria (domingo/9.30 h). Son once seleccións repartidas en dous grupos de catro conxuntos e un de tres.
As tres primeiras de cada grupo e a mellor segunda accederán á Final Four desta Fase Prata, que se xogará do 26 ao 29 de abril.
VER MÁIS INFORMACIÓN.
Parabéns por esta convocatoria!!!