Agustín Ruiz debuta no Infantil Promesas

Co reinicio das competicións oficiais despois do parón polo Nadal, Pedro Agustín Ruiz Galnares (1973) debutará esta fin de semana como adestrador do Pabellón Promesas da Preferente Futgal Infantil despois de incorporase ao equipo no parón.

O novo adestrador branquiverde tomou o relevo de José Antonio Valverde "Tonino" no banquillo da xoven escuadra pabellonista. David Carnero estivo como adestrador interino do equipo durante dous partidos.

Ruiz Galnares, con titulación UEFA Pro, chega á entidade branquiverde despois de catro campañas consecutivas no equipo Senior da UD Barbadás, ao que ascendeu da Preferente á Terceira Galicia.

Cun plantel íntegro de xogadores de primeiro ano, o Pabellón Promesas ocupa a antepenúltima posición do grupo sur con 10 puntos a falta de un partido para o final da primeira volta. Este sábado xogan no Miguel Ángel contra o Porriño Industrial.