6-0 | Vitoria cómoda do Sénior
SÁBADO 14/02/2026 (17:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF: 6 – CD CENLLE: 0 (3-0)
O Sénior asinou unha contundente vitoria fronte ao Cenlle na 22ª xornada da Segunda Futgal, nun encontro no que os locais foron claramente superiores ao longo dos noventa minutos.
Dende o asubío inicial, o conxunto dirixido por Toño Sanmartín levou o peso do partido, dominando a posesión e xerando constantes achegamentos á área visitante. A resistencia do Cenlle mantívose ata o tramo final do primeiro tempo, pero no derradeiro cuarto de hora os blanquiverdes deron un golpe case definitivo ao encontro.
Raúl abriu o marcador, poñendo xustiza ao que se estaba vendo sobre o terreo de xogo. Pouco despois, Aldán ampliou a vantaxe e, xa nos últimos compases antes do descanso, Numan estableceu o 3-0, deixando o partido moi encarrilado para os locais ao intermedio.
Lonxe de baixar o ritmo, o Pabellón continuou mandando na segunda metade. Co control absoluto do xogo e sen apenas concesións en defensa, os ourensáns seguiron atopando espazos ante un rival superado. Froito dese dominio chegarían tres novos tantos que redondearon a goleada: Moure fixo o cuarto, Óscar sumou o quinto e Sergio pechou a conta co definitivo 6-0.
Un triunfo que confirma o bo momento dos branquiverdes e que lles permite alcanzar os 34 puntos na táboa, reforzando as súas aspiracións nesta recta decisiva do campionato.
Agora, o calendario presenta un novo reto para os de Toño Sanmartín, que afrontarán dúas saídas consecutivas para enfrontrarse a Toén e Viana.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Rober (Enrique, m.46), Pedro, Pede, Mario, Sergio, Noli (Xoel, m.65), Raúl, Aldán (Óscar, m.61), Numan (Jhonny Merlo, m.65) e Moure (Jhonny Nóvoa, m.61).
CD Cenlle: Gabriel (Lois, m.70), Héctor (Santi, m.46), Daniel, Pablo (Lucas, m.70), Óscar, Álvaro, Marcos (Iago, m.46), Mourille (Cacharrón, m.61), Cosme e Antón.
Árbitro: Miguel Quintas García (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Álvaro (m.71) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.28: Raúl. 2-0, m.42: Aldán, 3-0, m.45: Numan. 4-0, m.60: Moure. 5-0, m.67: Óscar. 6-0, m.86: Sergio.