TERCEIRA FUTGAL

4-1 | O Senior gaña e xa pensa no Barco B

DOMINGO 27/04/2025 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (150)

PABELLÓN CF : 4 – SPORTING VILAMARÍN : 1 (3-1)

O Pabellón impúxose ao Sporting Vilamarín no Miguel Ángel no partido da xornada vinte e cinco no Grupo 1º da Terceira Futgal. Este marcador positivo obriga aos de Toño Sanmartín a sumar os tres puntos da derradeira xornada no campo do Barco "B" para acceder á promoción de ascenso.

Pese a non xogarse nada os visitantes non viñeron de paseo ao territorio branquiverde e a pesar de encaixar o primeiro gol aos dous minutos obra de Madrigal, na primeira metade sempre estiveron metidos no partido, incluso cando recibiron o segundo ao borde da media hora de xogo por medio do xuvenil Regueira.

Madrigal anotou o primeiro gol aos dous minutos
Madrigal anotou o primeiro gol local aos dous minutos

Antes do camiño ao vestiario unha rocambolesca acción defensiva local acabou co balón dentro da portería branquiverde para o 2-1 e case na última acción desta fase Numan anotaba o terceiro dos anfitrións: 3-1.

Na segunda Noli marcaría o cuarto tanto local no ecuador deste periodo e a partir de ahí, cunha tarde de moita calor, non ocorrería nada máis hasta finalizar o choque.

Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido
Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho (Changui, m.46), Aldán, Luis (Dani, m.83), Pedro, Rober, Sergio (Miguel Ángel, m.60), Rubén, Numan (Guille, m.83), Madrigal (Mejuto, m.65), Noli e Regueira.

Sporting Vilamarín: Carlos, Adrián, Pedro, Andrés, José Luis (Samuel, m.64) (Brais, m.68), Iago, Roi, Pablo (Luis, m.46), Sandro (Joel, m.46), Iván e Xurxo.

Árbitro:  David Guzmán Falcón (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iván (m.24) e Macos (m.29) nos visitantes. 

Goles: 1-0, m.2: Madrigal. 2-0, m.28: Regueira. 2-1, m.41: Aldán (pp). 3-1, m.45: Numan. 4-1, m.77: Noli.