Terceira Futgal

3-0 | O Senior comeza con bo pé

DOMINGO 22/09/2024 (17:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 3 – CD MOREIRAS : 0 (2-0)

A escuadra local comezou a súa andadura polo Grupo 1º da Terceira Futgal cunha vitoria na casa contra un rival que vendeu cara a derrota.

Os branquiverdes non tiveron un bo arranque de partido frente a un adversario que dominou máis e incluso tivo dúas accións de perigo sobre a meta de Anxo, antes de que na primeira aproximación ao área visitante Noli (14´) abría o marcador nunha xogada elaborada por Numan, moi activo todo o partido.

Noli anotou o primero gol do partido
Noli, moi activo todo o choque, anotou o primero gol do partido

Esa acción levou certo desconcerto no Moreiras e elevou a confianza dos pabellonistas, que tiveron o segundo nun remate coa testa de Rubén á saída deu corner. Instantes despois Aldán (19´) aproveitaba un erro defensivo para regatear a Diego e marcar a portería valeira para o 2-0.

Antes de que os visitantes pasasen a dominar no último tramo da primeira metade, unha xogada de Aldán ata a liña de fondo acaba rematada por Numan, despois dunha serie de rexeites, marchando o balón fóra.

Nos instantes finais a escuadra visitante tivo unha dobre ocasión cun disparo ao traveseiro e un posterior remate que se marchou alto por fortuna, chegándose ao descanso cun satisfactorio 2-0.

Aldán marcou o segundo tanto branquiverde

Segunda metade

A volta de vestiarios o Moreiras saiu na búsqueda dun gol que o metese de cheo no partido, pero a zaga local estivo sempre moi atenta a calquera acción ofensiva. É máis, aos sete minutos, Pibe aproveitaba unha contra para plantarse só ante Diego e marcar o terceiro.

Con moito tempo por diante o partido converteuse nun ida e volta. Os de Toño Sanmartín dispuxeron de varias oportunidades para ampliar a vantaxe pero o marcador non se movería máis.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Barra de Miño, que caía co Sporting Vilamarín (3-0), no difícil campo de O Tato.

Pibe completou un bo partido e fixo a terceira diana dos seus
Pibe completou un bo partido e fixo a terceira diana dos seus

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Rober, Miguel Ángel (Berni, m.84), Rubén, Mejuto, Aldán, Diego, Sergio, Noli (Dani, m.87), Numan e Pibe.

CD Moreiras: Diego, Nacho (Rodrigo, m.75), Carlos (Ismael, m.15), Rafael, Gustavo (Saúl, m.46), Christopher, Joel, Aitor, Carrasco (Iván, m.46), Pablo e José Luis.

Árbitro: Álex Martín Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aldán (m.48) e Rubén (m.48) nos locais. 

Goles: 1-0, m.14: Noli. 2-0, m.19: Aldán. 3-0, m.52: Pibe.