SEGUNDA FUTGAL

3-2 | Triunfo do Senior con sufrimento

DOMINGO 12/10/2025 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 3 – TOÉN FS : 2 (2-2)

Segunda vitoria consecutiva do Pabellón a costa do Toén no choque correspondente á sexta xornada da Segunda Futgal. Con este triunfo o equipo suma 9 puntos transcurridas seis datas do campionato.

O choque foi moi disputado con fútbol de moito contacto que levou a colexiado a amosar dez cartóns amarelos, tres para os locatarios e sete para os visitantes.

Aos quince minutos de xogo os branquiverdes tiñan unha suculenta vantaxe de dous goles (2-0) grazas aos tantos de Jhonny Nóvoa e Numan. Parecía que o cadro local tiña o partido encarrilado, pero sos visitantes reaccionarían nivelando o marcador por medio de Dasilva nunha contra e de Atanes nunha falta directa. Co 2-2 chegaríase ao descanso.

​ O equipo sumou a segunda vitoria consecutiva para alcanzar 9 puntos​

Segunda metade

No intervalo o Toén moveu o banquillo retirando o seu adestrador a tres xogadores amonestados. O técnico local Toño Sanmartín buscou máis profundidade polas bandas coa incorporación de Guzmán no lugar de Mario. Pouco antes de cumprirse o cuarto de hora Jhonny Nóvoa situaría por diante aos pabellonistas cun disparo raso e axustado ao pao que sorprendeu a Hugo (3-2).

A partir de ahí o conxunto visitante levou a iniciativa aunque as situacións de inquietude no área local chegaban a balón parado tantos nas faltas cercanas ao área como nos saques dende o curruncho. Nos últimos vinte minutos os branquiverdes prácticamente desapareceron do campo pero por fortuna Nacho evitou o empate cunha boa parada.

Na próxima xornada o Pabellón repite no Miguel Ángel recibindo a visita do CD Viana que ten os mesmos puntos que os branquiverdes.

Jhonny Nóvoa anotou dous goles para os locatarios

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, Enrique (Jhonny Merlo, m.60), Luis, Rober, Pede (Miguel Ángel, m.62), Sergio, Noli, Numan, Mario (Guzmán, m.46), Jhonny Nóvoa (Pablo Ramos, m.60) e Moure.

Toén FS: Hugo, Óscar (Taboada, m.26), Christian (Mauro, m.60), Noé, Atanes (Efrén, m.46), Dasilva, Brayan (Diego, m.46), Dani, Isra, Folgoso e Gus (Dio, m.46).

Árbitro: Juan Francisco Queija Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Pede (m.39), Enrique (m.47) e Jhonny Nóvoa (m.59) nos locais e nos visitantes a Brayan (m.17), Gus (m.31), Atanes (m.38), Isra (m.56), Noé (m.58), Taboada (m.69) e Dasilva (m.85).

Goles: 1-0, m.9: Jhonny Nóvoa. 2-0, m.15: Numan. 2-1, m.30: Dasilva. 2-2, m.40: Atanes. 3-2, m.58: Jhonny Nóvoa.

Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Atanes (Toén) co colexiado Queija Domínguez