Previa | Rival incómodo a domicilio para o Senior
Pabellón CF - Toén FS (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 12, 16:30 horas):
Na sexta xornada da Segunda Futgal o Pabellón recibe ao Toén, un rival que suma 6 puntos, os mesmos que teñen os branquiverdes.
O rival dos branquiverdes soamente acumula unha derrota nos cinco enfrontamentos disputados froito da derrota como local co Arenteiro B (0-1). Como visitante obtivo unha vitoria en Cenlle (0-2) e un empate no difícil campo do Piñeira Seca (3-3).
Despois de sumar unha vitoria en Cenlle cortando unha serie de dúas derrotas consecutivas, os de Toño Sanmartín buscarán unha vitoria diante dun rival complicado.
Serán baixas nos locais Xoel, Jorge, Cacha, Óscar e Rubén, ao tempo que Aldán é dúbida por unha lesion muscular á espera do último adestramento semanal deste venres.
Juan Francisco Queija Domínguez é o árbitro designado para este partido. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 6.