SEGUNDA FUTGAL

3-1 | Terceira vitoria consecutiva do Senior

DOMINGO 19/10/2025 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 3 – CD VIANA : 1 (1-1)

O Pabellón sumou a terceira vitoria consecutiva, segunda seguida no Miguel Ángel, despois de superar ao Viana no partido da sétima xornada da Segunda Futgal. Con este resultado positivo o equipo suma 12 puntos ubicado na oitava posición.

A primeira metade remataría con empate a un tanto. Despois de que Numan gozara dunha clara ocasión desviada polo meta visitante, os vianeses tomarían vantaxe no marcador aos dezasete minutos cun gol de Minigonza no que era a primeira acción de perigo na portería de Anxo despois dunha xogada larga iniciada nun saque dende o curruncho.

Sete minutos máis tarde chegaría a iguala nun excelente remate de cabeza de Pede tras un saque dende o curruncho. Con moita intensidade chegaríase ao descanso.

Pede anotou o tanto do empate para os pabellonistas
Pede anotou o tanto do empate para os pabellonistas

Segundo tempo

Na reanudación o Viana, que había sorprendido por un gran desgaste físico, tivo que realizar dous trocos no intervalo. A medida que foron pasando os minutos os visitantes foron perdendo algo de fuelle ante un cadro local máis enteiro.

Aos once minutos Numan marcaría o segundo e posteriormente Jhonny Nóvoa, nove minutos despois, anotaría o terceiro para levar certa tranquilidade aos pabellonistas á hora de encarar o resto de partido. Ao final os tres puntos quedaron na casa.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Cortegada no Sumi Cortés.

Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Diego (Viana) co colexiado Xoel Pintos
Os capitáns de ambos equipos, Sergio (Pabellón) e Diego (Viana) co colexiado Xoel Pintos

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Anxo, Rober (Óscar, m.64), Miguel Ángel, Pede, Mario, Sergio, Noli, Aldán (Enrique, m.64), Numan, Moure (Jhonny Merlo, m.71) e Jhonny Nóvoa (Cacha, m.75).

CD Viana: Iván Porto, Javi, Diego, Marcos (Fernando, m.46), Prieto (Adrián, m.88), Minigonza, Iago (Óscar, m.51), Pablo, Héctor González (Iván González, m.51), Carlos e Sousa (Bernardino, m.46).

Árbitro: Xoel Pintos Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Rober (m.26), Pede (m.60) e Sergio (m.64) nos locais.

Goles: 0-1, m.17. Minigonza. 1-1, m.24: Pede. 2-1, m.56: Numan. 3-1, m.65: Jhonny Nóvoa.