2-2 | Un penalti moi discutido trunca a vitoria do Senior
DOMINGO 25/02/2024 (16:15) Campo: O TOUZAL (100)
PIÑEIRA SECA FC : 2 – PABELLÓN CF : 2 (0-1)
Os branquiverdes sumaron un punto nun partido contra un rival directo pola permanencia no Grupo 2º da Segunda Galicia dentro da xornada vinte do campionato para chegar aos 29 puntos.
Destacar tamén o feito de que o Pabellón fíxose co coeficiente particular despois do 2-0 na primeira volta no Miguel Ángel-Os Remedios e que o equipo acumula catro partidos sen perder. A parte negativa as lesións de Madrigal e Berni.
Por dúas veces tiveron vantaxe no marcador os de Toño Sanmartín, que se marcharon ao descanso con unha renda mínima graza sa un gol de Sergio a catro minutos de descanso.
Nunha continua loita sobre O Touzal a medida que pasaban os minutos a emoción iba aumentando, cos locatarios buscando o gol de empate e cos visitantes defendendo con uñas e dentes a vantaxe e tratando de buscar un segundo tanto que frease o ímpetu dos limiaos.
Tramo final intenso
Deste xeito unha diana de José Ángel a prácticamente quince minutos do final devolvería as táboas ao marcador e deixando un tramo final de partido moi intenso.
Un gol en propia meta daría unha segunda vantaxe para os pabellonistas a sete do final, pero tres minutos despois un penalti moi protestado polos branquiverdes serviría para que o Piñeira Seca igualase definitivamente o choque no lanzamento de Bolaño.
O técnico Toño Sanmartín non saia do seu asombro na sinalización da pena máxima explicando que "Aldán despexa e ven un deles por detrás e golpeao e o árbitro pitou penalti".
Na próxima xornada o Rocas CF visitará o Miguel Ángel-Os Remedios na tarde do domingo no que será outra cita cun rival directo pola permanencia.
FICHA TÉCNICA
Piñeira Seca FC: Breixo, Ricardo, Jonathan, Bolaño, Rivero, Kevin (Javier, m.56), Hassan (Carlos, m.-56), Jaime (Miguel, m.75), Luis, José Ángel e Diego.
Pabellón CF: Nacho, José, Rober, Berni (Diego, m.69), Mario, Aldán, Sergio, Luis, Madrigal (Cacha, m.44), Marcos e Dani (Iago, m.88).
Árbitro: José Manuel Pérez Argos (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Diego (m.40), Ricardo (m.47), José Ángel (m.55) nos locais, que sufriron a expulsión de Carlos (m.87) por dobre cartón amarelo. Nos visitantes foron amonestados José (m.81), Nacho (m.85), e Aldán (m.85). Tamén foi expulsado con vermello directo o seu adestrador Toño Sanmartín (m.88).
Goles: 0-1, m.41: Sergio. 1-1, m.76: José Ángel. 1-2, m.83: Luis, en propia meta. 2-2, m.86: Bolaño, de penalti.