2-1 | Final de liga con derrota do Xuvenil "A"
SÁBADO 31/05/2025 (12:30) Campo: A GRELA 1 (100)
URAL ESPAÑOL CF: 2 – PABELLÓN CF : 1 (0-1)
O Pabellón non puido despedirse puntuando na última xornada da Liga Nacional Xuvenil, ao perder en terras herculinas co Ural Español. Con este resultado os pabellonistas finaliza a competición con 58 puntos.
Os branquiverdes fóronse ao descanso coa vantaxe que lle deu o gol de Soriano na recta final dunha primeira metade na que os ourensáns estiveron ben.
No segundo tempo os herculinos apretaron máis e con cinco trocos nun espazo de cinco minutos conseguiron darlle a volta ao marcador con sendos tantos de Eli, un dos recén incorporados dende o banquillo, para levarse finalmente a vitoria.
FICHA TÉCNICA
Ural Español CF: Iván, Jorge (Murilo, m.64), Gonzalo (Brian, m.59), Brais (Mael, m.64), Armando (Pablo, m.64), Arrojo, Jacobo, Marcos, Adrián, Hugo (Eli, m.59) e Cerezuela.
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Samuel Ferraz (Martín, m.81), Tiago, André, Ander, Melguizo (Fabio, m.75), Soriano, Lucas (Mociño, m.67), Samuel Villar (Nico, m.46) e Etien.
Árbitro: Manuel Castro Mouzo, asistido nas bandas por Caamaño Blanco e Maneiro Lago (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Melguizo (m.66) nos visitantes.
Goles: 0-1, m.36: Soriano. 1-1, m.64: Eli. 2-1, m.73: Eli.